EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Manuel Dios destacou a "importante acollida e repercusión desta iniciativa municipal, que nos anima a seguir traballando, dando continuidade a novas propostas educativas que tanta aceptación teñen nas bibliotecas, nas librarías, entre as nenas e nenos, nas familias e entre a cidadanía de Compostela; pero sobre todo, na comunidade educativa, especialmente no profesorado que participa activamente cada ano, contribuíndo a achegar a lectura aos nenos e nenas".
Obradoiros
Dentro das actividades previstas destacan os obradoiros de ilustración, con Óscar Villán, que achegarán aos máis pequenos e pequenas o proceso de creación, valorando as producións plásticas como ben cultural e acto de comunicación. Están dirixidos a nenos e nenas do segundo ciclo de educación primaria.
Tamén haberá sesións de contacontos con visitas guiadas á exposición instalada na Galería Sargadelos, dirixidas a nenos e nenas de infantil e de primeiro e segundo de primaria, e previstas do 4 ao 23 de abril. Ademais, realizaranse obradoiros de escrita creativa, buscando igualmente achegar a cativanza ao proceso de creación.
Os nenos e nenas de 0 a 3 anos tamén se poden familiarizar coa lectura grazas á sesión de contos para bebés "Do berce á lúa", que terá lugar o vindeiro sábado 21 de abril ás 11:30 e 12:30 horas. Cómpre reservar a actividade, xa que as prazas son limitadas.
Na Galería Sargadelos haberá unha exposición onde se poderá admirar o traballo da autora de A horta de Simón, Rocío Alejandro, e outras mostras da "diversidade de estilos e técnicas artísticas que conforman o álbum ilustrado galego", tal e como sinalou Manuela Rodríguez, quen definiu esta campaña como unha forma de "achegar o neno ao álbum ilustrado nun edificio emblemático".
Obxectivos
Esta iniciativa, que vai xa pola XVIII edición, quere achegar a lectura aos nenos e ás nenas, ao mesmo tempo que se crea un clima agradable e motivador que favoreza a escoita e o poder da palabra como elemento evocador. Ademais, dende o Departamento quérense promover as tradicións e expresións orais en lingua galega como vehículo do noso Patrimonio Cultural Inmaterial.
XI Premio Internacional Compostela
No marco da XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura vén de convocarse o XI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cuxo prazo de envío de traballos rematará o 14 de maio. Está aberto á participación de autores e ilustradores de todo o mundo que presenten obras orixinais e inéditas escritas en calquera lingua oficial da Península. O fallo do xurado coñecerase na última quincena de xuño e o premio consistirá na publicación do traballo distinguido nas cinco linguas peninsulares, ademais de 9.000 euros como adiando por dereitos de autor.
Ao longo das dez edicións precedentes a cantidade de traballos presentados supera os 3.000 proxectos, procedentes de numerosos países. Cerca, Un gran soño, A familia C, A viaxe de Olaf, Bandada, Mamá, Ícaro, Despois da chuvia, Unha última carta e A horta de Simón foron as obras premiadas polo xurado, do que teñen formado parte figuras tan destacadas da literatura infantil como Xabier Docampo, Fina Casalderrey, Miguel Calatayud ou Emilio Urberuaga.
A campaña municipal de animación á lectura cumpre 18 anos fomentando a literatura entre os/as escolares de Compostela
03/04/2018 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá a décimo oitava edición da Campaña Municipal de Animación á Lectura que comeza o 3 de abril e finalizará o 5 de maio. Na rolda estivo acompañada da directora do departamento de Edición e coordinadora de animación á lectura de Kalandraka, Manuela Rodríguez.
Nesta ocasión o eixo da campaña é "A horta de Simón", título gañador da X edición do Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. A campaña darse a coñecer na tarde deste martes, ás 18:30 horas, ao profesorado dos centros educativos de Santiago.Manuel Dios destacou a "importante acollida e repercusión desta iniciativa municipal, que nos anima a seguir traballando, dando continuidade a novas propostas educativas que tanta aceptación teñen nas bibliotecas, nas librarías, entre as nenas e nenos, nas familias e entre a cidadanía de Compostela; pero sobre todo, na comunidade educativa, especialmente no profesorado que participa activamente cada ano, contribuíndo a achegar a lectura aos nenos e nenas".