IGUALDADE

O Concello condena calquera tipo de agresión machista

27/01/2018 O Concello de Santiago vén de coñecer a denuncia pública dun episodio de violencia machista nas rúas da nosa cidade, concretamente no Campus Sur. Segundo puidemos saber a través de varios avisos nas redes sociais, unha muller foi vítima de acoso e agresións verbais por parte de dous homes, que tamén a agarraron fortemente dun brazo.

Dende o Concello queremos facer un chamamento á veciñanza para que se denuncie calquera tipo de agresión ou acoso, que son a máxima expresión da desigualdade entre homes e mulleres. Unha sociedade como a nosa non pode tolerar comportamentos deste tipo, por iso resulta fundamental que exista conciencia social e alerta ante este tipo de situacións. Só entre todos e todas podemos construír unha cidade libre de violencias machistas.

Compartir: