POLÍTICAS SOCIAIS

Aprobada a resolución da convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de materiais e actividades extraescolares

15/12/2017 A Xunta de Goberno aprobou hoxe, nunha convocatoria extraordinaria, a resolución da convocatoria das bolsas de comedor escolar, adquisición de materiais, e actividades extraescolares.

O Goberno acordara, no pasado mes de novembro, ampliar a dotación orzamentaria prevista na convocatoria das bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o curso 2017-2018.

Inicialmente, a partida prevista era de 360.000 euros, pero acordouse un incremento polo que se vai destinar a esas bolsas case medio millón de euros. No curso 2013-2014, a contía total das axudas fora de 70.000 euros.

As bolsas de comedor, adquisición de material e actividades extraescolares concédense en función de dous criterios: escaseza de recursos ou conciliación.

Compartir: