EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A sesión foi inaugurada pola presidenta da Cámara Municipal de Matosinhos, Luisa Salgueiro, e polo secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao. Logo, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, en calidade de presidente do Grupo de Educación do Eixo, ordenou os debates da orde do día.
Xuntanza en Matosinhos (Portugal) do Grupo de Educación do Eixo Atlántico
12/12/2017 A Cámara Municipal de Matosinhos (Portugal) acolleu unha reunión do Grupo de Educación do Eixo Atlántico, que preside o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.
Na reunión presentouse o programa da capitalidade cultural da cidade lusa de Santa María da Feira 2018, así coma o calendario da 12ª Bienal de Cultura do Eixo Atlántico. Tamén se deu conta dos detalles da 6ª Mostra Musical, que se celebrará os días 5 e 6 de maio en Vila Real (Portugal), e avanzouse no traballo do programa de intercambios escolares.A sesión foi inaugurada pola presidenta da Cámara Municipal de Matosinhos, Luisa Salgueiro, e polo secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao. Logo, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, en calidade de presidente do Grupo de Educación do Eixo, ordenou os debates da orde do día.