XUNTA DE GOBERNO

O Concello destinará máis de medio millón de euros a melloras no campo de fútbol de Santa Isabel

01/12/2017 A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto técnico para a renovación e ampliación do sistema de céspede sintético e do sistema de rega no campo de fútbol de Santa Isabel. Trátase dunha actuación que custará case 525.000 euros, e que terá un prazo de execución de 38 días.

O alcalde, Martiño Noriega, explicou que "as obras levaranse a cabo durante a temporada de verán, para non interromper as competicións futbolísticas". En todo caso, despois da aprobación do proxecto, a Xunta de Goberno aínda debe darlle luz verde ao inicio do procedemento de licitación. A actuación no céspede súmase as obras de mellora da accesibilidade no campo de fútbol de Santa Isabel, cuxo proxecto técnico tamén foi aprobado xa, cun orzamento de preto de 120.000 euros.

Pista de xeo
Na reunión de hoxe, o Executivo local autorizou a instalación da pista de patinaxe sobre xeo na Alameda á empresa Entertainment and Leasure Technology SL, cun canon de 2.000 euros. O alcalde salientou que "ao igual que coas luces de Nadal, o Goberno optou por unha concesión para as dúas próximas tempadas de Nadal, co obxectivo de aforrar trámites no servizo de contratación e asegurar os prazos".

A pista de xeo abrirá mañá as súas portas, cun prezo de 4,50 euros para escolares, e 8 euros para as sesións de 50 minutos para o público en xeral. Tamén existe a posibilidade de comprar unha entrada sen límite de tempo ao longo dun día, polo prezo de 10 euros.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: