ACCIÓN CULTURAL

Alberto San Juan presenta "Masacre" no Teatro Principal

28/11/2017 O novo proxecto de Teatro del Barrio preséntase mañá mércores no Teatro Principal. Alberto San Juan escribe, dirixe e interpreta esta aceda crítica aos procederes das elites españolas pola que transitan persoeiros como Emilio Botín, Esther Koplowitz, José María Aznar, Adolfo Suárez ou Francisco Franco. Ao seu carón, a actriz catalá Marta Calvó co-protagoniza este espectáculo que convida a ollar a historia contemporánea dende unha perspectiva crítica.

Masacre. Unha historia do capitalismo español formula os seguintes interrogantes: "Quen goberna España? En que medida o poder político se subordina ou non ao económico? Quen ten o poder económico? Por que o teñen? Dende cando? Como o conseguiron? Que influencia tivo este poder sobre o político nos sucesivos ciclos da nosa historia recente?".

As entradas para o espectáculo, a un prezo de 14 euros (con descontos do 50% para estudantes, menores de 25 anos, maiores de 65, persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas ou membros de familias monoparentais e/ou familias numerosas) pódense mercar no despacho de billetes do Teatro Principal e na web de Abanca.

Direccións relacionadas



Compartir: