CONSORCIO

As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade abordan en Santiago a evolución dos seus Plans de Xestión

28/11/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugurou o encontro "Procesos participativos nos Plans de Xestión das Cidades Patrimonio da Humanidade Españolas", celebrado este martes no Museo das Peregrinacións.

A xornada, organizada polo Consorcio de Santiago, reuniu os concelleiros e técnicos de Patrimonio das 15 Cidades Patrimonio, xunto a María Agúndez, xefa de Área de Patrimonio Mundial do Ministerio de Cultura. No caso de Santiago, que ten o seu Plan de Xestión en proceso de elaboración, interveu o concelleiro da Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e Juan Requejo, integrante do grupo redactor, quen tratou a importancia da participación cidadá no desenvolvemento destes plans.

Ademais do alcalde, participaron no acto inaugural a directora xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Mª Carmen Martínez Ínsua; o presidente da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e alcalde de Cuenca, Ángel Mariscal, e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.

Compartir: