ALCALDÍA

O Concello e a Unión de Consumidores de Galicia abren vías de colaboración

21/11/2017 O alcalde, Martiño Noriega, mantivo hoxe unha reunión co secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo, na que se exploraron novas vías de colaboración entre o Concello e a entidade. O rexedor explicou que se vai estudar a posibilidade de asinar un convenio que recolla esta cooperación.

Martiño Noriega recoñeceu que a colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia "faise máis necesaria polo feito de que a Oficina Municipal de Atención ao Consumidor está sen cubrir por causa dunha baixa por enfermidade", e o Concello vai poder derivar á entidade "os casos dos consumidores que se atopen nunha situación complicada". Ademais, "queremos colaborar en accións informativas sobre asuntos como as taxas aeroportuarias ou as cláusulas chan".

Miguel López mostrou a súa satisfacción por poder colaborar co Concello dunha maneira máis activa, "co obxectivo de que todos e todas sexamos consumidores máis responsables e reivindicativos".

Compartir: