ALCALDÍA

Recepción en Raxoi á nova directiva da Asociación Hostalería Compostela

23/10/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Turismo, Marta Lois, reuníronse coa nova directiva da Asociación Hostalería Compostela.

Neste primeiro encontro, a reelixida presidenta de Hostalería Compostela, Sara Santos, presentou ao alcalde os/as integrantes da nova directiva e as súas funcións dentro da mesma. A xuntanza serviu tamén para repasar algúns dos proxectos en marcha ou futuribles nos que o Concello colabora coa Asociación.

Compartir: