CENTROS SOCIOCULTURAIS

Programación da Rede de Centros Socioculturais

31/08/2023 Santiago de Compostela conta con máis de 40 centros socioculturais distribuídos entre os diversos barrios que conforman o municipio, que ofertan unha programación estable de exposicións, conferencias, ciclos formativos e audiovisuais, cursos, etc.

O Departamento de Centros Socioculturais programou, para esta nova tempada 2023/2024 actividades con máis de 7.000 prazas ofertadas, a maiores das deseñadas para as aulas de xogo e de lectura, a través de programacións específicas que se desenvolverán en distintos centros dos barrios e do rural.

Toda a programación pode consultarse nos documento adxuntos e nos propios centros socioculturais.

A programación dos centros socioculturais inclúe as propias organizadas polo Concello e as das entidades usuarias dos mesmos.

Compartir: