ALCALDÍA

Recepción a un grupo de estudantes alemáns que participan nos Cursos de Verán da USC

06/09/2017 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e outros/as integrantes da Corporación recibiron un grupo de estudantes da cidade alemá de Regensburg. Estes alumnos/as participan nos Cursos de Verán da USC nos que se imparten clases de lingua española.

O grupo de alumnos e alumnas forma parte dun programa de estudos que xa ten 22 anos de existencia. Viñeron acompañados do profesor Pedro Álvarez, docente na Universidade de Regensburg.

Marta Lois anunciou a busca dunha data para un encontro coas autoridades locais de Regensburg, coa intención de formalizar unha irmandade con Santiago. A cidade alemá forma parte do Camiño de Santiago dende o centro de Europa.

A estadía dos mozos e mozas alemáns finalizará o sábado 9 de setembro.

Compartir: