ALCALDÍA

O Concello homenaxeou a Carlos Casares na súa praza en Compostela

16/05/2017 O Concello de Santiago rendeu homenaxe a Carlos Casares horas antes do Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica ao escritor ourensán. O acto, presidido polo alcalde, Martiño Noriega, celebrouse na praza á que Carlos Casares lle dá nome en Compostela, situada no barrio de San Lázaro.

Durante o acto, a veciñanza deu lectura a fragmentos da obra de Carlos Casares. A música púxoa a Banda Municipal de Santiago.

As actividades en torno á figura de Carlos Casares e da lingua e literatura galegas continuarán no propio Día das Letras Galegas. Haberá música, cun concerto especial da Banda Municipal e dos nenos e nenas do CEIP das Fontiñas, e co Vermú das Letras, protagonizado por Xoán Curiel e Sérgio Tannus. Ademais, dúas novas oportunidades para facer a ruta Carlos Casares e Compostela, que percorre eses lugares da cidade aos que tan vinculado estivo o escritor.

Compartir: