EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Clausurada a XVII Campaña de Animación á Lectura

13/05/2017 A Galería Sargadelos acolleu unha sesión de contos e música coa que se pechou a XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu á actividade.

A Campaña Municipal de Animación á Lectura, que nesta edición levou por título "Unha última carta", estivo baseada no traballo dos gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, que resultou gañador do IX Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, convocado polo Departamento de Educación e Cidadanía e a Editorial Kalandraka.

Esta iniciativa desenvolveuse dende o pasado 27 de marzo ata este sábado 13 de maio e comprendeu un conxunto de actividades en prol da animación á lectura para as familias, o profesorado e os nenos e as nenas de Santiago.

Un ano máis, a Campaña tivo unha grande acollida, animando así á Concellaría de Educación a traballar en novas propostas educativas neste eido para nenos e nenas, familias, profesorado e cidadanía en xeral, contribuíndo así a achegar a lectura á xente máis nova. Xa son máis de 56.000 escolares os que teñen participado nesta iniciativa municipal durante as 17 anos da súa existencia.

Compartir: