EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publicadas as listaxes provisionais de admitidos, excluídos e de agarda nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños

03/05/2017 A Comisión de Baremación e Selección na súa sesión deste mércores, 3 de maio, elaborou a proposta inicial e acordou facer públicas as listaxes provisionais de admitidos, excluídos e de agarda das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2017-2018.

Establécese a apertura do prazo de reclamación de 10 días naturais, contados dende a data da exposición destas listaxes no taboleiro xeral do Concello de Santiago e nos das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, así como na páxina nesta web.

Os solicitantes que o desexen poderán realizar as consultas que consideren no Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través dos teléfonos 981 554 400/401, e efectuar as reclamacións debidamente documentadas no Rexistro Xeral (rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro Auxiliar (rua Frei Rosendo Salvado nº 14-16), do 3 ao 12 de maio, ambos os dous incluídos.

A Comisión de Baremación examinará as reclamacións presentadas, de ser o caso, procedendo á exposición da relación definitiva de admitidos/as e da listaxe de agarda logo da súa aprobación pola Xunta de Goberno Local.

Compartir: