EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Este programa concíbese como un espazo educativo e promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa de conciliación para as familias no tempo de vacacións da Semana Santa. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
Un mundo de cor
"Un mundo de cor" é o lema das actividades que se desenvolverán os catro días de programa aproveitando a chegada da primavera. Os nenos e nenas realizarán debuxos e actividades plásticas traballando ademais a figura de Frida Khalo. Inclúense tamén excursións e saídas para coñecer os recunchos de Compostela e entre as que se levarán a cabo destaca a visita ao Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís o martes 11 de abril.
Actividades de todo tipo
O Programa de Conciliación de Semana Santa vén a completar outras actividades que programa o Concello de Santiago para este período festivo. Entre elas destaca o ciclo De lugares e órganos, con concertos e visitas guiadas polo patrimonio organístico da cidade, ou Santiago, paixón doce que se concibe como unha actividade de fomento da gastronomía da Semana Santa polos restaurantes de Compostela.
Case 70 escolares participan no Programa de Conciliación de Semana Santa
10/04/2017 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou esta mañá o CEIP das Fontiñas, un dos centros que, xunto co Raíña Fabiola, acolle o Programa de Conciliación de Semana Santa.
En total, explicou o concelleiro, "son case 70 os nenos e nenas anotados para este programa de conciliación, dos cales 36 participan tamén do servizo de comedor escolar". Ademais das actividades de lecer programadas, o programa inclúe servizo de madrugadores que funciona de 7:45 a 9:00 horas con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realízanse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.Este programa concíbese como un espazo educativo e promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa de conciliación para as familias no tempo de vacacións da Semana Santa. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.