ALCALDÍA

Compostela Solidaria preséntalle os seus proxectos ao alcalde

05/04/2017 O alcalde, Martiño Noriega, recibiu hoxe os responsables de Compostela Solidaria, Carlos Nieves, Luis Rivero de Aguilar e Ramón Trillo.

Compostela Solidaria é un colectivo integrado por máis dunha vintena de xubilados e xubiladas de Santiago, que queren destinar o seu tempo libre a axudar aos que máis o necesitan. A asociación está traballando na organización da súa III Gala Solidaria, coa que pretenden recadar fondos para algunha asociación ou colectivo que o precise, e que aínda está sen definir. O alcalde mostrou a súa disposición a colaborar con Compostela Solidaria para "repetir o éxito dos anteriores festivais".

Compartir: