EDUCACIÓN
O grupo está formado por 30 alumnos e alumnas de 6º de primaria e permanecerá en Segovia tres días, ao longo dos que se levarán a cabo distintas actividades. Realizarán visitas guiadas á Xudería de Segovia, Alcázar e á Casa da Moeda. Visitarán tamén as instalacións da Casa Xove, onde realizarán distintos xogos e dinámicas lúdicas, ademais de coñecer polo miúdo a Catedral e unha Gymkana pola Alameda del Parral desa cidade.
O regreso está previsto para o mañá pola tarde, día no que terá lugar a recepción oficial no Concello de Segovia.
Un grupo de escolares do López Ferreiro visitan Segovia dentro do programa "Aula de Patrimonio"
28/03/2017 No día de onte partiron cara Segovia un grupo de 30 alumnos e alumnas do CEIP Lopez Ferreiro que participan no programa "Aula de Patrimonio" organizado polo Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
O traballo presentado por este centro, leva por título Unha rota mitolóxica: outra guía para coñecer Santiago e nace pola inexistencia de planos que representen lugares significativos onde viviron escritores e escritoras relacionados con Compostela, así como planos sobre lendas da cidade compostelá e a súa mitoloxía.O grupo está formado por 30 alumnos e alumnas de 6º de primaria e permanecerá en Segovia tres días, ao longo dos que se levarán a cabo distintas actividades. Realizarán visitas guiadas á Xudería de Segovia, Alcázar e á Casa da Moeda. Visitarán tamén as instalacións da Casa Xove, onde realizarán distintos xogos e dinámicas lúdicas, ademais de coñecer polo miúdo a Catedral e unha Gymkana pola Alameda del Parral desa cidade.
O regreso está previsto para o mañá pola tarde, día no que terá lugar a recepción oficial no Concello de Segovia.