ESPAZOS CIDADÁNS

Aprobada a reparación da marquesiña de Xoán XXIII

10/02/2017 O Goberno local aprobou hoxe un proxecto para reparar a marquesiña de Xoán XXIII, despois dos danos ocasionados polo temporal da semana pasada e ante o risco de que se produzan novas caídas de cristais.

A reparación terá un custo de 45.272,15 euros, IVE incluído. Para levala a cabo con total seguridade, o Concello pechará ao tránsito peonil o contorno da cristaleira, incluídos os accesos ao estacionamento de Xoán XXIII.

Compartir: