XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno dá o visto bo aos orzamentos municipais de 2017

10/02/2017 A Xunta de Goberno aprobou hoxe os orzamentos municipais e o cadro de persoal para 2017. É un paso esixido pola Lei de Grandes Cidades, previo a que as contas sexan levadas á comisión de Facenda, o próximo mércores, e sometidos á votación do Pleno da Corporación.

O alcalde, Martiño Noriega, lembrou que o orzamento consolidado, o que inclúe as contas de Tussa, Incolsa e do Auditorio, ascende a 106.271.569,95 euros. Segundo reiterou, a intención do Goberno local é que o pleno extraordinario para a aprobación das contas se celebre na mañá do sábado 18.

Obras de Vista Alegre
A Xunta de Goberno tamén aprobou hoxe a ampliación da autorización para a redacción do proxecto modificado das obras da Fase II de Vista Alegre. O alcalde explicou que se trata "dun modificado que ten como obxectivo introducir a demolición das terrazas interiores da rúa de San Xoán, que aínda non estaba aprobado polas comunidades de veciños". Martiño Noriega agradeceu a colaboración da veciñanza "para que o proxecto de Vista Alegre poida ser completado como estaba previsto"

Outros acordos
Na reunión desta mañá tamén se deu conta da sinatura dun convenio de colaboración entre a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia e a Universidade de Santiago, para regular as actividades culturais, científicas, pedagóxicas e de investigación relacionadas co medio ambiente.

Por último, deuse conta da ampliación do prazo da cesión do uso do inmoble destinado ao centro xuvenil do Ensanche ata o 31 de decembro de 2017.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: