TURISMO

"Delicias de codorniz" e "Xurelo San Simón", tapas gañadoras da novena edición de Santiago(é)tapas

21/12/2016 O Museo do Pobo Galego acolleu a gala de entrega de premios da novena edición de Santiago(é)tapas, concurso de tapas organizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela que se celebrou entre o 17 de novembro e o 4 de decembro. Nesta edición consumíronse arredor de 30.000 tapas, unha cifra que consolida o evento como unha ferramenta para a desestacionalización do sector nun período de temporada baixa. A gala estivo presidida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Nesta edición do concurso participaron 68 establecementos de Santiago, que ofrecían 104 distintas. Competían por oito premios distintos. As tapas premiadas foron:

- Primeiro Premio do Público: "Delicias de codorniz", de El Bocalino.

- Premio do Xurado a Mellor Tapa: "Xurelo San Simón", de A Maceta.

- Segundo Premio do Público: "Chocolate, pan e mirabeis", de Hotel Puerta del Camino.

- Premio do Público (é)xcelente, premio outorgado polo público puntuando á experiencia global no establecemento: Medusa.

- Premio á tapa con máis chispa, entregado por Coca cola á tapa con mellor puntuación entre os clientes, considerando a orixinalidade ou "chispa" da tapa: "Prohibido facer lume", do Caney.

- Premio do Xurado á tapa que mellor marida con Estrella Galicia: "Heath Ledger", de J de Joker.

- Premio do Público á tapa que mellor marida con Estrella Galicia: "Bao de lacón e panceta", de Hotel Puerta del Camino.

- Finalmente, o xurado concedeu unha mención especial Santiago(é)cine a "Falafel atómico", do Resas, como a tapa que mellor representaba un tema cinematográfico.

Compartir: