DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O alcalde participou no acto de recoñecemento a 20 empresas que cumpren 25 anos no Polígono do Tambre.

16/12/2016 A Asociación Área Empresarial do Tambre (AEPIT) rendeu hoxe homenaxe a 20 empresas situadas no polígono industrial que cumpriron 25 anos como asociadas en 2016. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asistiron a esta festa do asociado, celebrada na sede da entidade.

As empresas homenaxeadas foron: Comercial Regueiro-Risi; Galiport; Recambios Arturo; Estudio Técnico Gallego; Posimar; Alfeco; Editorial Compostela; Inmuebles, vehículos, accesorios (ALSA); Banco Pastor; Galuresa; Tecniagal; Comercial Pardal; Monper; Embutidos Vallina; Rectificados Compostela; Antonio y Delio Gómez Ramos; Transportes Souto; Talleres Vidalfre; Bazar Casa Sole; e Talleres Eléctricos Meixonfrío.

Compartir: