EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Conmemoración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
10/12/2016 O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Tras este acto histórico, a Asemblea pediu a todos os Países Membros que publicasen o texto da Declaración e dispuxesen que fose "distribuído, exposto, lido e comentado nas escolas e outros centros de ensino, sen distinción fundada na condición política dos países ou dos territorios".
O Concello de Santiago súmase a esta conmemoración publicando a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.