SAÚDE
No último Pleno ordinario do mes de novembro, a Corporación compostelá aprobou unha declaración internacional de apoio á Declaración de París, onde os alcaldes e alcaldesas dos concellos adheridos asumen certos compromisos de cara ao 2030.
Martiño Noriega asegurou que "se colaboran, as cidades poden adoptar medidas locais que teñan unha repercusión mundial. Ao aproveitar o noso alcance, infraestrutura e capacidade humana, as cidades crearán un futuro máis equitativo, inclusivo, próspero e sustentable para toda a cidadanía, sen importar o seu sexo, idade, situación económica ou social ou orientación sexual".
Os compromisos adquiridos polas cidades son sete: poñer fin á epidemia da Sida nas cidades para o ano 2030; situar ás persoas no centro de todo o que facemos; abordar as causas de risco, vulnerabilidade e transmisión; utilizar a resposta á Sida para unha transformación social positiva; crear e acelerar unha resposta adecuada ás necesidades locais; mobilizar recursos para a saúde pública e o desenvolvemento integrados; e unirnos como líderes.
Despois da lectura do manifesto, o alcalde e o resto de membros da Corporación fixéronse unha foto de grupo diante do lazo vermello en compañía de membros da Asociación Ultreia LGTBI. O lema elixido para este ano é "Cóidate: O sexo seguro fai parte da túa vida saudábel".
Santiago súmase ao Día Internacional da Sida
01/12/2016 O Concello de Santiago sumouse á celebración do Día Internacional da Sida, que se conmemora cada 1 de decembro dende 1988. Esta xornada aprovéitase por entidades e asociacións para dar a coñecer os avances contra a pandemia de VIH/Sida causada pola extensión da infección por VIH.
Os actos de conmemoración desta xornada consistiron na colocación dun lazo xigante de cor vermello na praza do Obradoiro e na lectura da Declaración de París polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega.No último Pleno ordinario do mes de novembro, a Corporación compostelá aprobou unha declaración internacional de apoio á Declaración de París, onde os alcaldes e alcaldesas dos concellos adheridos asumen certos compromisos de cara ao 2030.