ACCIÓN CULTURAL

Chema Prado recibiu o Premio Cineuropa

25/11/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado do director do festival Cineuropa, José Luis Losa, entregou o Premio Cineuropa a Chema Prado, quen fora director da Filmoteca Nacional, por unha vida entregada á preservación do cine.

Nado en Rábade, Lugo, en 1952, Chema Prado é historia viva da Filmoteca Nacional, entidade creada en 1953 da que foi director durante case 27 anos. A pesar da falta de apoio institucional, a Filmoteca converteuse en todo un referente a nivel internacional. Máis recoñecido fóra que dentro de España, Chema Prado recibiu o Fénix pola contribución á cultura cinematográfica de Iberoamérica, o nomeamento da Federación Internacional de Arquivos Fílmicos (FIAF) ou a Espiga de Ouro de Honor da pasada Seminci, entre outras distincións.

Este venres, o festival recoñeceu o seu labor de catro décadas de entrega ao cinema e á súa preservación. Segundo José Luis Losa, "celebra ao resistente e abraza ao amigo incondicional de Cineuropa". Tras a entrega do Premio a Chema Prado, no Teatro Principal proxectouse Sangue del mio sangue, de Marco Bellocchio.

Direccións relacionadas



Compartir: