ALCALDÍA

O alcalde expresa o pesar da Corporación polo pasamento de Fran Pérez, Narf

16/11/2016 O alcalde de Santiago quixo expresar hoxe o pesar do conxunto da Corporación pola morte de Fran Pérez, Narf. Martiño Noriega sinalou que o músico, que pasou boa parte da súa vida en Compostela, "era patrimonio de toda a cidade e déixanos un gran legado". O rexedor adiantou que proporá a aprobación dunha declaración institucional de pésame no pleno ordinario do mes de novembro, que se celebrará mañá xoves.

Fran Pérez, Narf, tiña 48 anos. A súa enfermidade obrigouno a cancelar hai dous meses unha xira compartida con Uxía por toda a Península, pero non quixo suspender a súa participación no Womex. O 22 de outubro aparecía no escenario da praza da Quintana cos mozambicanos Timbila Muzimba e, ao día seguinte, no Teatro Principal, ofreceu o que ía ser o seu concerto de despedida.

Compartir: