TURISMO

Santiago de Compostela, unha das cidades máis inspiradoras do mundo

16/11/2016 A axencia de viaxes online TravelBird acaba de publicar un estudo sobre as cidades máis inspiradoras do mundo. Nesa clasificación, Santiago de Compostela sitúase como a sexta cidade do mundo, a cuarta de Europa e a primeira de España. Esta clasificación utiliza oito criterios asociados coa innovación e a creatividade para permitir aos viaxeiros a elixir a súa mellor próxima aventura.

TravelBird seleccionou as 85 cidades máis inspiradoras do mundo, entre as que calculou o índice de inspiración de cada unha, tendo en conta aspectos como as empresas de artes escénicas, escolas de arte, galerías de arte, museos, instalacións de produción musical, industria cinematográfica e startups que buscan fondos situados dentro da cidade. Tamén se clasificou o nivel de inspiración romántica polo número de buscas en Google por palabras claves enfocadas no romance (por exemplo, buscas de áreas románticas, ceas, etc), no idioma nativo, en cada destino.

Santiago resultou ser a cidade máis inspiradora de España e a sexta a nivel mundial, nunha clasificación na que tamén figuran outras catro cidades do Estado: Barcelona, no posto 15 da clasificación xeral; Sevilla, no 49; Valencia, no 50; e Madrid, no 61.
Nas clasificacións temáticas, Santiago de Compostela obtén especialmente bos resultados no que se refire ao índice de escolas de arte en relación á súa poboación, onde é a primeira cidade, ou no índice de galerías de arte tamén en relación á poboación, onde é a cuarta clasificada.

Compartir: