ALCALDÍA E CONVIVENCIA

A Policía Local de Santiago estrea nove vehículos

16/11/2016 O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Mobilidade, Xan Duro, presentaron hoxe os novos coches da Policía Local, nun acto no que participou tamén o inspector principal do Corpo, José Manuel Traba. A incorporación destes vehículos era unha vella demanda da Policía Local, que viña utilizando un parque móbil moi envellecido e con moito uso.

As novas incorporacións ao parque móbil da Policía Local son oito monovolumes do modelo Ford C-MAX, presupostados en 342.680 euros máis IVE; e un todoterreo que supuxo un investimento de 53.328 euros máis IVE. O Concello adquiriu os vehículos baixo o sistema de renting, de xeito que pagará esas cantidades en catro anos.

O concelleiro de Medio Ambiente e Mobilidade explicou que os nove vehículos "están dotados coas últimas tecnoloxías, como pantallas retráctiles e altofalantes exteriores ou GPS". Xan Duro explicou que a chegada dos oito monovolumes e o todoterreo permitirá dar de baixa algúns dos vehículos máis antigos da Policía Local "que está utilizando ata oito coches matriculados en 1998 e que se superan os 400.000 quilómetros de uso". Outros coches do Corpo achéganse xa aos 300.000 quilómetros. Ata os de hoxe, os vehículos máis novos da Policía Local foran comprados en 2010.

Compartir: