ACCIÓN CULTURAL

Oliver Laxe presentou en Cineuropa a súa premiada "Mimosas"

11/11/2016 O Teatro Principal abrirulle as portas de novo a Oliver Laxe, que visitou Cineuropa para presentar Mimosas. O cineasta galego, premio Cineuropa 2010, volve ao festival despois de facerse co premio na Semana da Crítica do Festival de Cannes co seu último filme.

José Luis Losa, director de Cineuropa, define a película como unha "epopea, non sei se mística, pero en todo caso si reivindicativa dunha idea da fe que pode ir de Herzog a Tarkovski, de Ozu a Dreyer". Oliver Laxe veu con Shakib Ben Omar, actor que tamén o acompañara na presentación de Todos vós sodes capitáns. Ámbolos dous falaron cos espectadores sobre as súas experiencias e a rodaxe de Mimosas.

Direccións relacionadas



Compartir: