ACCIÓN CULTURAL

Último pase de "Frantz", de François Ozon, e outras propostas para un sábado de cine

11/11/2016 Este sábado, Cineuropa recupera o mellor cine proxectado durante os primeiros días do festival nunha xornada non exenta de novidades. Últimos pases de Frantz, de François Ozon; Lady Macbeth, de William Oldroyd; e Las furias, de Miguel del Arco.

O cinema Numax acolle ás 17:00 horas a estrea de èm]La última tierra, de Pablo Lamar, Premio do Xurado no Festival de Róterdam por un fermoso e cadencioso relato que lembra ao cine de Lisandro Alonso ou Carlos Reygadas. De seguido, ás 18:30 horas, no mesmo Numax, Ayotzinapa: crónica de un crimen de Estado, un imprescindible documental sobre a sangrante situación de violencia que se está a vivir en México.

Haberá novos pases de Aquarius, de Kleber Mendonça Filho, ás 21:45 horas no Teatro Principal; Le fils de Jean (O fillo de Jean), de Philippe Lioret, no Salón Teatro ás 20:00 horas.; a provocadora Helmut Berger, actor, de Andreas Horvath (ás 00:15 horas no Principal); e The happiest day in the life of Olli Mäki, de Juho Kuosmanen (mellor película en Un Certain Regard de Cannes), no Salón Teatro ás 21:45 horas. E serán os últimos de Las furias, ópera prima de Miguel del Arco valorada polo público do festival cun 7,19; e do Premio FIPRESCI no Festival de San Sebastián: Lady Macbeth, de William Oldroyd.

A sede Afundación abre as súas portas por vez primeira nesta edición para acoller Che ora e?, filme de Ettore Scola pertencente á sección Marcello, vinte anos despois. A entrada é libre ata completar aforamento, ao igual que as proxeccións do CGAC, que comezan as 19:00 horas.

Direccións relacionadas



Compartir: