XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba novos convenios con entidades sociais

16/09/2016 A Xunta de Goberno aprobou hoxe convenios con diversas asociacións e entidades de carácter social, aos que se destinarán un total de 257.000 euros. Estes convenios súmanse aos aprobados na sesión da semana pasada, que beneficiarán a un total de 16 asociacións e entidades de carácter social, por un importen total de 249.500 euros.

A maior contía será para Cáritas Interparroquial Santiago, que recibirá 100.000 euros. Ademais, Cruz Vermella recibirá 75.000 euros, a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con enfermidade mental de Galicia, FEAFES, 60.000; e a Asemblea de Cooperación pola Paz e a Asociación de Persoas Xordas de Galicia, 10.000 euros cada unha, Tamén se aprobou o convenio coa Asociación de Dano Cerebral Sarela, por un importe de 2.000 euros.

Vista Alegre
Na Xunta de Goberno de hoxe tamén se aprobou inicialmente o Estudo de detalle de criterios compositivos e estéticos no tratamento das fachadas do barrio de Vista Alegre. Este documento será o que defina a paleta de cor das fachadas dos inmobles, que elementos delas deben ter un tratamento diferente, e como debe ser a carpintaría.

O acordo suporá a suspensión do outorgamento das licenzas que puideran ser incompatibles con ese Estudo de detalle, por un período máximo de dous anos. O documento aféctalle aos edificios situados nas seguintes rúas: Boiro (só pares), Rianxo, Santa Uxía de Ribeira, Santa Comba, San Xoán, avenida de Castelao (números 42 a 54), Noia, Bispo Diego Peláez (só impares), Álvaro Cunqueiro, e Vista Alegre (números 96, 98, 106 e 112). O Estudo de detalle será publicado no Diario Oficial de Galicia e sometido a exposición pública durante o prazo dun mes.

Documentos relacionados



Compartir: