ALCALDÍA

Martiño Noriega pronunciará este venres o pregón das festas de Oviedo

15/09/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, será mañá o pregoeiro das festas grandes de Oviedo, as de San Mateo. O rexedor compostelán foi o elixido polo Goberno ovetense co obxectivo de potenciar a presenza desa cidade no ámbito do Camiño de Santiago.

A invitación a participar na apertura das festas tivo lugar o pasado 15 de xaneiro, despois da reunión que o alcalde mantivo co concelleiro de Cultura de Oviedo, Roberto Sánchez Ramos, no Pazo de Raxoi. Martiño Noriega aceptou o convite, por proceder dunha cidade irmandada con Compostela e coa que mantemos estreitos vínculos a través do Camiño Primitivo.

Compartir: