ALCALDÍA E DEPORTE

Recepción no Pazo de Raxoi á selección de fútbol sala de Uzbekistán

05/09/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto co concelleiro de Deporte, Rafael Peña, e outros membros da Corporación, recibiu os xogadores, técnicos e directivos da Selección de Uzbekistán de fútbol sala. O combinado asiático está preparando en Santiago a súa participación no Mundial, que se celebrará en Colombia a partir do 10 de setembro.

A Selección uzbeka está dirixida por un galego, ex entrenador do Santiago Futsal, José María Pazos "Pulpis", que elixiu a cidade para esta estancia preparatoria da cita mundialista. Estas xornadas preparatorias enmárcanse nos actos de promoción das escolas do Santiago Futsal.

Esta é a terceira visita a Santiago dunha selección internacional en a penas un ano, tras o paso dos combinados de Guatemala e Vietnam, que tamén foran recibidas no Concello.

Compartir: