ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
Pola súa banda, a concelleira de Turismo lembrou a importancia que está adquirindo o movemento dos urban sketchers, con milleiros de seguidores por todo o mundo. Marta Lois apuntou que o I Encontro de Cadernos de Viaxe ten un claro compoñente de promoción turística, por canto amosa que Compostela "é un destino ideal para estes debuxantes, unha cidade que merece ser reflexionada e que ten moitos detalles que os que se aprecian no acto de sacar unha fotografía".
A edil tamén incidiu no potencial de promoción que terá o traballo que realicen os artistas que van participar nas xornadas. Na mesma liña, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, apuntou que Compostela Ilustrada permitirá poñer en valor o traballo dos ilustradores galegos, "que viven un momento extraordinario".
Espazo natural do caderno de viaxe
O director de Compostela Ilustrada cualificou de "privilexio" poder participar nesta iniciativa, e máis cando se desenvolve en Santiago. Nese sentido, Miguelanxo Prado, tamén responsable do festival Viñetas desde o Atlántico, asegurou que os artistas que participan nese encontro na Coruña sempre encontran como un valor engadido poder realizar unha visita á capital galega. Prado amosouse convencido de que as peculiaridades de Compostela, xunto coa explosión que está vivindo o fenómeno dos urban sketchers e o bo momento da banda deseñada e a ilustración "son os ingredientes perfectos para que o I Encontro de Cadernos de Viaxe sexa un cocido glorioso".
Clases maxistrais e quedada
No I Encontro de Cadernos de Viaxe participarán prestixiosos ilustradores de sona internacional. Está confirmada xa a participación da francesa Catel Muller, o hispanoarxentino Jorge González, a sevillana Inma Serrano (unha das artistas máis activas nos grupos de Urban Sketchers nas redes sociais), e o aragonés Sagar Forniés. Eles serán os encargados das clases maxistrais teóricas e prácticas, nas que participarán como invitados outros debuxantes como David Pintor, María Meijide ou Joaquín González Dorao.
O traballo dos artistas en Compostela Ilustrada terá cinco eixos temáticos: Santiago dende as alturas, para debuxar o centro histórico dende os edificios máis altos ou con mellores vistas; os santiagueses, para recoller escenas en locais emblemáticos coma o Casino, o Derby ou o Gato Negro; a Alameda, os ríos e a Cidade da Cultura.
A maiores das clases maxistrais, que requirirán inscrición previa, haberá unha quedada nun espazo acordada, onde público e autores debuxarán e compartirán experiencias.
Despois das xornadas, haberá unha exposición sobre os cadernos de viaxe dos autores invitados, acompañada por unha mostra de cadernos de viaxe físicos do movemento Urban Sketchers.
O Concello de Santiago realiza unha achega de 20.000 euros para a celebración do I Encontro de Cadernos de Viaxe, mentres que a aportación da Deputación da Coruña é de 10.000 euros.
Santiago acollerá en novembro o I Encontro de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada"
24/08/2016 Debuxantes de prestixio internacional vanse reunir en Santiago do 10 ao 13 de novembro, para recrear Compostela dunha maneira orixinal e diferente nos seus cadernos de viaxe. Será no marco do I Encontro Compostela Ilustrada, que hoxe presentaron o alcalde, Martiño Noriega; o director do evento, Miguelanxo Prado; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.
O alcalde explicou que o obxectivo de Compostela Ilustrada é "amosar outras maneiras de mirar Compostela, dende unha perspectiva máis cultural e artística, e a través dos ollos de persoas que son referentes no campo da ilustración". Nese sentido, agradeceu a implicación no proxecto de Miguelanxo Prado, ao que definiu como "un capital fundamental para o país".Pola súa banda, a concelleira de Turismo lembrou a importancia que está adquirindo o movemento dos urban sketchers, con milleiros de seguidores por todo o mundo. Marta Lois apuntou que o I Encontro de Cadernos de Viaxe ten un claro compoñente de promoción turística, por canto amosa que Compostela "é un destino ideal para estes debuxantes, unha cidade que merece ser reflexionada e que ten moitos detalles que os que se aprecian no acto de sacar unha fotografía".