FESTAS

As festas do Apóstolo, en clave de rumba, poesía e música de autor

19/07/2016 Nova xornada das festas do Apóstolo, cunha noite con variadas propostas musicais. Petitet e a súa Orquestra Sinfónica de Rumba del Raval, Aldaolado e Luiz Caracol levaron os seus ritmos a varios espazos da cidade.

O gran concerto da Quintana ofrecérono esta vez Petitet e a súa Orquestra Sinfónica de Rumba del Raval. Esta formación, integrada por 20 músicos, está liderada por Joan Ximénez Valentí, Petitet, e naceu hai pouco máis dun ano para lle dar unha nova vida á rumba catalá. O concerto reuniu de novo numeroso público na praza.

Case ao mesmo tempo, pero na praza 8 de Marzo, Aldaolado (María Lado e Lucía Aldao) presentaron o seu espectáculo de poesía, música e humor en clave feminina. Esta proposta formaba parte do programa Artellando, ao igual que o concerto que o portugués Luiz Caracol ofreceu na praza do Toural.

A velada completouse cunha representación de circo e teatro a cargo da compañía Shakti Olaizola.

Compartir: