FESTAS

As festas do Apóstolo, no documental de Carles Bosch sobre a figura de Petitet

19/07/2016 Dentro da programación das festas do Apóstolo, esta noite actuarán na praza da Quintana Petitet e a súa Orquesta Sinfónica de Rumba del Raval. Ese concerto, de entrada libre, formará parte do documental que Carles Bosch está gravando sobre a figura de Joan Ximénez, Petitet, fillo do que fora palmeiro de Peret e auténtico persoeiro xitano do barrio barcelonés do Raval.

A longametraxe, titulada Rumba pa´ti, contará a historia deste defensor da pureza da rumba, e de como traballa para cumprir a promesa que lle fixo a súa nai antes de morrer: que actuaría en grandes teatros como o Palau ou o Liceu, cunha orquestra sinfónica dedicada á rumba catalá.

Tamén dará conta do reto persoal que supón para Petitet afrontar a súa carreira musica padecendo unha enfermidade dexenerativa grave e incurable. Deste xeito, o documental convértese nun traballo sobre a superación persoal, sobre a historia da rumba catalá, ese estilo musical que naceu nos barrios de Barcelona, e tamén sobre os xitanos da cidade condal.

Compartir: