FESTAS

Variedade de ritmos noutra animada noite musical das festas do Apóstolo

18/07/2016 A cantante nixeriana Nneka levou ata a praza da Quintana a súa peculiar mestura de ritmos africanos con outros coma o hip hop, o soul ou o reggae. Pero a variedade de ritmos desta nova noite de festas do Apóstolo non quedou aí, xa que tamén houbo jazz-flamenco e rock.

Nneka interpretou temas do seu último disco, My Fairy Tales, pero tamén de traballos anteriores e, a modo de adianto, algún tema aínda non publicado.

Un pouco antes, no Bar Olvido, The Shivas levaba o rock ao Bar Olvido da man do ciclo Terrazeando. E na praza do Toural, dentro do programa Artellando, tocou o cantante e saxofonista gaditano Antonio Lizana.

Compartir: