ALCALDÍA

O alcalde participou nunha visita ao novo Centro de Saúde de Galeras

18/07/2016 O alcalde, Martiño Noriega, participou este mediodía nunha visita ao novo Centro de Saúde de Galeras, co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.

O rexedor compostelán mostrou a súa satisfacción porque se teña "cumprido unha demanda histórica, cun centro que conta cunhas dotacións que están á altura de Compostela".

O Centro de Saúde de Galeras empezou a funcionar o 4 de xullo, despois dun investimento de tres millóns de euros. As instalacións, de 3.500 metros cadrados, están preparadas para atender a ata 15.000 pacientes, e para que nelas traballen ata 25 profesionais sanitarios. Durante a visita, o presidente da Xunta adiantou que o obxectivo é que o ambulatorio atenda aos composteláns, pero tamén "aos moitos peregrinos que recollen a Compostela moi cerca do centro, en Carretas".

Compartir: