ALCALDÍA

O alcalde coñece as dúas alternativas de deseño da futura estación de autobuses

18/07/2016 O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, mantiveron hoxe unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas para coñecer o proxecto da futura estación de autobuses, que a Xunta construirá no ámbito da intermodal. A reunión foi convocada polo departamento de Ethel Vázquez, que conta con dúas propostas arquitectónicas diferentes para a infraestrutura.

Martiño Noriega expresou a vontade do Concello de Santiago de "ser facilitador" no que ten que ver coa construción da estación, e volveu apelar á colaboración entre as administracións para garantir "a mellor solución de mobilidade para Compostela". O alcalde insistiu en que esta cooperación dende o Goberno local terá como principal obxectivo "que a futura estación de autobuses teña as dimensións acaídas para a capital galega". Nesa liña, o rexedor avanzou que Xunta e Concello celebrarán novas reunións técnicas para perfilar cuestións do proxecto relacionadas coa capacidade e cos accesos, co obxectivo de incluir melloras observadas dende o Goberno local.

Compartir: