ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal interpreta "O lago dos cisnes" na praza das Praterías

07/07/2016 A Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá este xoves a todo o público o seu xa tradicional concerto na praza das Praterías. Será ás 20:00 horas e interpretará O lago dos cisnes, de P. I. Chaikovski.

Esta obra, un dos ballets máis coñecidos de Chaikovski, é a parte central dun programa que completarán pezas de J. M. Domingo, F. von Suppé, M.F. Caballero e T. Bretón.

Documentos relacionados



Compartir: