ALCALDÍA

O Concello estudará a posibilidade de realizar obradoiros de xornalismo nos colexios impartidos por profesionais desempregados

05/07/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Francisco González Sarria, quen acudiu á cita acompañado polo representante da demarcación de Santiago da entidade, Xaime Leiro.

Foi unha xuntanza de presentación, xa que Francisco González vén de asumir a presidencia do Colexio de Xornalistas de Galicia para o período 2016-2020. Ademais, o alcalde comprometeuse a estudar a proposta do Colexio de accións conxuntas coma o desenvolvemento de obradoiros de xornalismo nas escolas, a realizar por profesionais desempregados, e a posta en marcha dunhas xornadas sobre publicidade institucional.

Compartir: