ALCALDÍA E MEDIO RURAL

O alcalde explicoulle á directiva de Ferusa os proxectos previstos para o rural compostelán

22/06/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafael Peña, reuníronse coa nova directiva de Federación de Asociacións de Veciños do Rural de Santiago (Ferusa). En representación desta estiveron o presidente, Emilio Cao; o vicepresidente, Xosé Quintáns, e a secretaria, Cruz Vázquez.

Ferusa presentou a súa lista de demandas históricas e queixouse do nivel de investimentos dos últimos anos, facendo que as parroquias do rural compostelán teñan menos dotacións e servizos que as de municipios veciños. O alcalde e o concelleiro detalláronlles as partidas que van para o rural nos orzamentos deste 2016, así como os proxectos da Deputación da Coruña e os plans municipais a máis longo prazo.

Compartir: