DEPORTE

A Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, un ano máis en Compostela

21/06/2016 O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, xunto con outros membros da Corporación, recibiu no salón vermello de Raxoi os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, ao concluír unha nova edición da súa ciclomarcha a Compostela.

A chegada deste grupo de ciclistas a Santiago xa se ten convertido nunha tradición nestas datas. Ademais, este ano, a peregrinación ten un especial significado para esta peña, xa que cumpren 25 anos realizándoa.

Compartir: