EMPREGO

Finalizou o Foro da Innovación no Emprego

16/06/2016 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, clausurou o Foro da Innovación no Emprego 2016, organizado pola Axencia Local de Colocación (Servizo de Emprego do Concello de Santiago de Compostela).

O Foro contou cun amplo abano de actividades formativas que se desenvolveron presencialmente no Palacio de Congresos os días 15 e 16 de xuño, mais tamén nas semanas previas a través de formatos e-learning e webinar. En total impartíronse 42 actividades de formación, que tiveron 1.884 inscricións.

Ademais, no marco do Foro, 83 empresas presentaron 148 ofertas de emprego. Nesas ofertas, ata o momento houbo 3.616 inscricións e enviáronse ás empresas 981 currículos que se axustaban aos perfís requiridos. Non obstante, o traballo de intermediación laboral do persoal técnico da Axencia continúa desenvolvéndose, máxime tendo en conta que un bo número de ofertas de emprego seguen abertas na web da Axencia Local de Colocación.

Compartir: