ALCALDÍA

Recepción ao triatleta Antón Ruanova

15/06/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o triatleta compostelán Antón Ruanova, a quen felicitou polos éxitos na súa volta á máxima competición. No acto, celebrado no Salón Nobre de Raxoi, participaron tamén representantes dos catro grupos municipais.

Despois de dous anos dedicados ao estudo e ao traballo, Antón Ruanova, que conta regresou ao máximo nivel competitivo neste ano 2016, ano no que xa conseguiu o campionato sudamericano e o brasileiro, país polo que compite agora. Ademais, obtivo o pasado mes de maio o 5º posto na proba da Copa do Mundo de Huatulco (México), a súa mellor clasificación nesta competición. No seu horizonte deportivo está prepararse para poder competir nos Xogos Olímpicos de Tokio en 2020.

Compartir: