ACCIÓN CULTURAL E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Santiago de Compostela participa na creación do Grupo de Traballo sobre Industrias Culturais e Creativas de Redel

14/06/2016 A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa en Madrid na xornada de creación do Grupo de Traballo sobre Industrias Culturais e Creativas, Branca Noveneyra. A xornada celébrase este martes na Factoría Cultural de Madrid. O obxectivo do novo grupo é poñer en valor as posibilidades que ofrecen as industrias culturais e creativas para o desenvolvemento local.

No documento base para a constitución de Redel, esta defínese coma unha rede de entidades expertas en desenvolvemento local que traballa para a mellora continua das organizacións a través da reflexión, da xestión do coñecemento e da colaboración, buscando o recoñecemento e a posta en valor a nivel técnico e político do desenvolvemento local e a súa proxección a nivel internacional.

O obxectivo de Redel é reflexionar sobre aspectos clave no desenvolvemento local, como políticas económicas e industriais, competitividade, innovación, coñecemento, políticas activas de emprego, inserción laboral, etc, para construír un modelo dende unha identidade común.

Redel tamén se configura coma un instrumento para exercer influencia ante entidades públicas e privadas coa finalidade de impulsar o desenvolvemento local e comarcal; deseñar, desenvolver e executar proxectos; e intercambiar experiencias e coñecementos para innovar e incrementar a eficacia das entidades locais.

O Concello de Santiago, a través da Oficina de Promoción Económica, é o único participante galego no grupo. Os outros membros do grupo son: Concello de Madrid, Promálaga, Centro de Iniciativas Municipales de Murcia, Valencia Emprende, Barcelona Activa, Àrea de Desenvolupament Econòmic i Ocupació, Asociación Vasca de Agencias de Desarrollo, Getafe Iniciativas, ImpulsAlicante, Instituto Leonés de Desarrollo Económico, Formación y Empleo, Instituto Municipal de Desarrollo y Empleo de Córdoba, PalmaActiva, e a Sociedad para el Desarrollo de la Provincia de Burgos.

Compartir: