ALCALDÍA

O alcalde participou no acto cesión do fondo da Sociedade Económica de Amigos do País ao Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura

09/06/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou no acto de sinatura do acorda polo que a Real Sociedade Económica de Amigos do País deposita o seu fondo histórico no Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura.

O fondo histórico depositado abarca un período cronolóxico de dous séculos, entre o 1784 e 1986, e está constituído por un total de 184 unidades de instalación, divididas en 177 caixas e 7 libros de actas, ademais de 35 carpetas de material gráfico. Os seus documentos aportan valiosa información para o coñecemento da historia de Galicia durante os séculos XIX e XX en diferentes disciplinas do saber como a agricultura a gandería, a prensa e a educación.

Con motivo deste depósito, o Arquivo de Galicia exhibe durante esta semana unha mostra na que se ofrece unha escolma documental deste fondo. En conxunto, os materiais seleccionados ilustran ao visitante sobre como foi a organización e cales foron as principais actividades desenvolvidas pola sociedade ao longo do tempo.

Compartir: