ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal ofrece de Música ofrece dous concertos esta semana

09/06/2016 A Banda Municipal de Santiago ofrecerá a todo o seu público dous concertos esta semana: a súa tradicional actuación dos xoves na praza das Praterías, ás 20:00 horas, e un concerto o sábado 11, ás 13:15 horas, no barrio do Castiñeiriño, con motivo das festas de San Antón.

O concerto deste xoves nas Praterías leva por título "Tarde de Aberturas". Contará nunha primeira parte con dúas obras orixinais para Banda dos compositores Thomas Doss e James L. Hosay, e continuará con F. von Suppé, J. Offenbach e G. Rossini.

Compartir: