CONSORCIO

Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece mañá mércores un novo concerto no Paraninfo da USC

07/06/2016 No marco do programa A Escola na Cidade, da Escola de Altos Estudos Musicais, mañá mércores, 8 de xuño, ás 20:30 horas, o alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro ofrecerá o seu último concerto de cámara desta temporada no Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia. A entradas a esta actuación é gratuíta ata completar aforo.

Neste concerto, os tres intérpretes estarán acompañados pola pianista Haruna Takebe. En primeiro lugar, actuará o violoncellista Juan Antonio Carrillo, que interpretará tres obras: Concerto para violoncello en Do maior, de Haydn; Concerto para vioncello de Re maior, tamén de Haydn, e Suite para violoncello solo, de Gaspar Cassadó.

A continuación, o público terá a oportunidade de escoitar ao trompetista Diego Aragón, que tocará o Concerto para trompeta en Mi bemol maior de Franz Joseph Haydn e a obra Intrada, do compositor suízo Arthur Honegger.

E a cita musical concluirá coa actuación da violinista Aida López. Interpretará parte do Concerto para violín nº 5 de Mozart.

Compartir: