POLÍTICAS SOCIAIS

Aberto ata o 21 de xuño o prazo de presentación de solicitudes para as bolsas de comedor do curso 2016/2017

06/06/2016 O BOP publica hoxe a convocatoria para a solicitude de bolsas de comedor escolar do curso 2016/2017. O Goberno local duplicou estas axudas, destinando 360.000 euros ás mesmas.

Todas aquelas persoas ou familias que desexen solicitar as bolsas de comedor escolar para o vindeiro curso poderán facelo a partir de mañá martes. Están dirixidas a unidades familiares e de convivencia con escaseza de recursos económicos e trátase dunha das grandes apostas en materia social do Goberno municipal.

As contías para as bolsas de comedor serán dun máximo de 90 euros durante 10 meses (setembro-xuño), para actividades extraescolares ata un máximo de 30 euros ao mes durante 8 meses (outubro a maio) e as bolsas de material escolar ata un máximo de 60 euros (pago único). A maiores concederanse 50 bolsas de comedor para conciliación de vida persoal, familiar e laboral por un importe de 45 euros ao mes.

As solicitudes poderán presentarse ata o martes 21 de xuño.

Direccións relacionadas



Compartir: