DEPORTE

Área Central acolle este sábado dez horas de actividades no 2º Día do Deporte Solidario

03/06/2016 O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá o 2º Día do Deporte Solidario, un evento que acolle Área Central este sábado 4 de xuño. Na rolda estivo acompañado polo xerente de Área Central, José Rafael Martínez; o xerente da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspas), Javier García; e o coordinador da actividade, Enrique Vieites.

Durante toda a xornada concentraranse exhibicións deportivas das distintas entidades da cidade e da nosa contorna co obxectivo de recadar fondos para a asociación Aspas. Haberá venta de rifas durante todo o día que custan tan só un euro.

A gala comezará ás 11 da mañá e rematará ás 9 da noite. Durante 10 horas haberá multitude de espazos con actividades, nos que se celebrarán exhibicións dos clubs e entidades participantes que, un ano máis, se involucraron coa súa participación e presenza nesta xornada. Tamén os visitantes de Area Central poderán participar en moitos dos espazos dos deportes ou coñecer máis de preto algún deles.

Así, haberá exhibición de deportes adaptados, fútbol, baloncesto, patinaxe, quidditch, hóckey, judo, karate, minigolf, esgrima, ximnasia rítmica, xogos de mesa, tenis de mesa, chave, petanca, boxeo, kick boxing, zumba ou ioga.

I Milla Popular Solidaria
A I Milla Popular Solidaria é unha carreira aberta a diferentes categorías. A inscrición pode facerse a través de www.carreirasgalegas.com. As probas levaranse a cabo na rúa Roma de Área Central a partir das 19:00 horas e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. As inscricións poden facerse ata hoxe ás 22:00 horas.

Os dorsais recolleranse ata media hora antes do inicio das probas na tenda de deportes Centro Deportivo, de Área Central. O prezo da inscrición será de 1 € en concepto de organización só para as millas de júnior en adiante e unha doazón mínima dun euro no momento da recollida do dorsal

O Día do Deporte Solidario complementarase coa exhibición das fotografías tiradas na edición do ano pasado, un museo do deporte, unha sesión de "Sábados creativos", xogos populares en inglés e inchables.

Documentos relacionados



Compartir: